🧠✨ Unha mirada psicosocial á saúde dixital centrada nas persoas maiores

🏆 Comunicación premiada

Esta publicación recoge la comunicación ganadora de la Cátedra Cruz Roja USC en el 36º Congreso de la Sociedad Gallega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX), presentada por Natalia Martín e en colaboración cos seguintes autores: Sol Sesmero Huerta, Lucía Jiménez Gonzalo, María Márquez González, Mareike Hillebrand e Andrés Losada Baltar.

Este recoñecemento pon en valor la importancia de escuchar e incorporar la voz de las personas mayores en el desarrollo de soluciones digitales en salud.

📝 Introdución

Este estudo oriéntase á mellora da calidade de vida nas persoas maiores desde unha perspectiva psicosocial e de saúde dixital. As intervencións dixitais en saúde son cada vez máis numerosas, aínda que a maioría están dirixidas á poboación nova ou adulta. Existe unha falta de opcións especificamente deseñadas para persoas maiores, o que pode xerar barreiras de usabilidade, acceso e aumento da fenda dixital (Wildenbos et al., 2018). Factores como a soidade, o benestar subxectivo, a autonomía e o acceso a recursos de saúde son determinantes da calidade de vida nesta poboación (Netuveli & Blane, 2008). As intervencións dixitais en saúde mental representan unha oportunidade para promover o benestar psicolóxico, especialmente en situacións como a depresión (Firth et al., 2017).


🎯 Obxectivo do estudo

O obxectivo do presente traballo foi explorar as percepcións, barreiras, actitudes e necesidades das persoas maiores en relación coas tecnoloxías dixitais de saúde mental, incluíndo ferramentas baseadas en IA (chatbots e avatares) e wearables, co fin de achegar evidencia para a co-creación destas intervencións.


🔬 Metodoloxía

Realizouse un estudo cualitativo mediante dous grupos focais con 16 participantes maiores de 65 anos (media de idade = 72.5; DT = 5.4; 75% mulleres), recrutados nun centro de maiores da Comunidade de Madrid. As sesións foron gravadas, transcritas e analizadas mediante análise de contido cualitativo inductivo (Mayring, 2014). A codificación foi realizada de maneira independente por dúas investigadoras e consensuada posteriormente.


📊 Principais resultados

Os resultados amosan que as persoas participantes dispoñían de teléfono móbil con conexión a internet. Xurdiron seis temas principais:
(1) uso funcional con baixo coñecemento dixital, centrado na comunicación e na busca de información;
(2) barreiras, destacando o medo ao erro e a preocupación pola seguridade e as fraudes;
(3) dependencia de apoio familiar, principalmente dos fillos e fillas, para o uso e aprendizaxe tecnolóxica;
(4) actitudes ambivalentes cara á tecnoloxía, combinando interese e utilidade con rexeitamento á dependencia e preferencia polo contacto humano, con especial reticencia cara aos avatares;
(5) preferencia por un deseño de intervencións simples, cunha linguaxe clara, apoio inicial e adaptación ao nivel de alfabetización dixital; e
(6) áreas prioritarias de intervención: soidade, sono, estrés e conexión social, valorándose ferramentas que fomenten a autonomía.


🧩 Conclusións clave

Como conclusión, as persoas maiores amosan interese polas intervencións dixitais en saúde mental, pero a súa aceptación está condicionada polo descoñecemento e a desconfianza, especialmente en relación coa seguridade. Maniféstase unha clara preferencia por manter o trato humano na atención. A co-creación con este grupo resulta esencial para desenvolver ferramentas accesibles, seguras e significativas, particularmente no contexto de tecnoloxías emerxentes como a IA.