A Cátedra Cruz Roja– USC inicia unha nova etapa coa incorporación de dúas investigadoras de recoñecido prestixio académico e profesional ao seu equipo directivo. Desde xaneiro de 2026, Leonor Varela Lema asume a dirección da Cátedra, acompañada por Cristina Candal Pereira como codirectora. Xuntas liderarán unha fase centrada na promoción da saúde, a innovación social e a investigación aplicada ao benestar das persoas maiores.
👩🔬 Leonor Varela Lema, nova directora da Cátedra
Leonor Varela Lema é Doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e conta cun Máster en Saúde Pública. A súa traxectoria profesional está estreitamente vinculada á Axencia Galega do Coñecemento en Saúde (avalia-t; ACIS), onde traballou durante 18 anos e foi responsable de Proxectos Internacionais en avaliación de tecnoloxías sanitarias.
A súa experiencia inclúe:
colaboración coa Axencia Europea do Medicamento;
liderazgo de proxectos europeos no marco de EUnetHTA;
participación no Comité Directivo de HTAi;
docencia e coordinación do Programa de Doutorado en Epidemioloxía e Saúde Pública da USC.
A súa investigación céntrase na promoción de hábitos de vida saudables en grupos de especial risco e na metodoloxía de ensaios e rexistros de pacientes. Participa na Acción Conxunta europea SAFE e forma parte do Comité Executivo da Sociedade Española de Epidemiología.
👩🔬 Cristina Candal Pereira, nova codirectora da Cátedra
Cristina Candal Pereira é Doutora pola USC, Máster en Saúde Pública e Máster en Investigación Sanitaria. Desde 2024 é profesora na área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC e, desde 2025, coordina a participación da universidade na Rede de Universidades Promotoras de Saúde (REUPS).
As súas liñas de investigación inclúen:
- epidemioloxa de enfermidades crónicas e factores ambientais,
- promoción de hábitos de vida saúdables,
- integridade científica.
É investigadora principal en proxectos financiados pola Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica e pola Acción Estratéxica en Saúde, e participa na Acción Conxunta europea SAFE. Realizou estancias en Lisboa, Brown e Yale. Coordina o grupo de ética da Sociedade Española de Epidemiología e é editora de Gaceta Sanitaria.
📍 Nova dirección física da Cátedra
➡️ Facultade de Medicina e Odontoloxía (USC)
Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública
Santiago de Compostela
🙌 Noso agradecimento ao equipo directivo saínte
A Cátedra expresa o seu agradecemento máis sincero ao equipo directivo previo, Dr. Arturo X. Pereiro e Dr. Onésimo Juncos-Rabadán, polo seu compromiso, dedicación e visión durante estes anos. O seu labor foi fundamental para consolidar a Cátedra e sentar as bases do camiño que agora continúa.
🤝 Unha nova etapa chea de proxectos e ilusión
Con esta renovación, a Cátedra Cruz Roja – USC reforza o seu compromiso coa innovación social, a investigación científica e a mellora da saúde e o benestar da sociedade galega.
Recent Comments