A alumna Belén Fontanes Amoedo, do Máster en Xerontoloxía e Dirección e Xestión de Centros Xerontolóxicos da Universidade Pablo de Olavide en Sevilla recibiu o diploma acreditativo de accésit ao mellor TFM do curso académico 2022-2023 polo seu traballo titulado “Análise da calidade de vida das persoas maiores xubiladas que realizan envellecemento activo“.

O traballo, dirixido pola Dra. Rocío Martínez Fernández, examina o proceso da vellez desde a perspectiva actual de “envellecemento activo” e a incidencia deste sobre a calidade de vida das persoas maiores xubiladas. Dada a situación actual de maior esperanza de vida e coa certeza de que esta tendencia irá en aumento cara ao futuro, é imprescindible estudar se esta forma de envellecemento axuda a que as persoas maiores alcancen un benestar físico, mental e social.

Nesta investigación pretendíase analizar a calidade de vida das persoas maiores xubiladas que realizan envellecemento activo, un concepto que está en constante reformulación. Para iso, a autora realizou unha análise para determinar se as persoa xubiladas que realizan envellecemento activo poden ter unha mellora na calidade de vida (dimensións benestar emocional, físico e material, relacións interpersoais, desenvolvemento persoal, autodeterminación, inclusión social e dereitos) con respecto aos que non o desenvolven.

O estudo estaba dirixido ao colectivo de persoas maiores xubiladas tanto ás que acudiron a organizacións, centros de participación activa ou asociacións de veciños como ás que non acudían a ningún dos organismos anteriormente nomeados. Esta observación estaba composta por 52 persoas maiores que realizan envellecemento activo e 30 persoas maiores que non o realizan en Galicia e Andalucía.

Fontanes Amoedo (2023) desenvolveu un traballo cunha metodoloxía mixta, tanto descritiva como relacional, na cual realizouse unha comparativa entre dúas tipoloxías de afrontamiento do proceso de xubilación. As técnicas levadas a cabo foron tanto cuantitativas, mediante cuestionarios ás persoas maiores, como cualitativas mediante entrevistas aos respectivos profesionais dos centros de participación activa, organizacións ou asociacións.

A investigación mostrou que o envellecemento activo está relacionado directamente coa calidade de vida das persoas maiores xubiladas. Púidose verificar a melloría en todas as dimensións da calidade de vida das persoas maiores que regularmente acoden a actividades durante a xubilación, menos nas dimensións física e material, onde aínda que existe melloría esta non é suficiente desde o punto de vista estatístico.

Ademais, os resultados mostraron que as mulleres xubiladas realizaron máis actividades durante a súa xubilación que os homes. Comparando os resultados entre ambos se observou unha diferenza notable a favor das mulleres.

Noraboa polo teu traballo e por este diploma de accésit, Belén!