Esta semana resolvéronse os premios a TFG e TFM para a mellora da calidade de vida das persoas maiores que, un ano máis, a Cátedra Cruz Roja USC organiza.
O tribunal estivo composto por o codirector da Cátedra, Dr. Onésimo Xuncos Rabadán que exerceu como presidente do tribunal; o presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX), Dr. José María Faílde, e Dna. Rebeca Vázquez Fente, responsable de proxectos en Cruz Vermella. A secretaria técnica da Cátedra Cruz Roja USC, Dra. Trini de Lorenzo, exerceu como secretaria do tribunal.
Aberto á comunidade universitaria española, presentáronse 9 traballos relacionados coa calidade de vida en persoas maiores desde diferentes disciplinas. Destes traballos:
? 3 pertencen a alumnado da USC (Máster en Optometría, Máster Universitario en Xerontoloxía Especialidade Social e Grao en Enfermería).
? 3 a alumnado da Universidade de Barcelona (2 do Máster Oficial Interuniversitario en Psicogerontología e 1 alumna do Máster Universitario en Xestión Cultural).
? 1 alumna do Grao en Terapia Ocupacional da UDC.
? 1 alumna do Máster Universitario en Psicoxerontoloxía da Universidade de Salamanca.
? 1 alumna do Máster en Xerontoloxía e dirección e Xestión de centros xerontolóxicos da Universidade Pablo de Olavide.
Resoltos os premios da II edición, as premiadas son:
? PREMIO para TFG, por importe de 300€ a: Nerea Vasco González, polo traballo “Análise da calidade de vida percibida na enfermidade de Parkinson: punto de partida para unha intervención comunitaria nunha asociación de pacientes “, realizado no Grao Enfermería da USC.
? PREMIO a TFM, por importe de 500€ a: Romina Alejandra Lizondo Valencia, polo traballo “Aceptabilidade, aceptación e adopción de tecnoloxías en centros xerontolóxicos: unha revisión sistemática “ realizado no Máster Interuniversitario en Xerontoloxía (Social), da USC.
?Diploma acreditativo de accésit honorífico para TFG a: Roberta María Costas López, polo traballo “A institucionalización en residencias como transición: efectos na calidade de vida, ocupacións e ambientes das persoas maiores” do grao en Terapia Ocupacional, UDC.
? Diploma acreditativo de accésit honorífico para TFM a: Belén Fontanes Amoedo, polo traballo “Análise da calidade de vida das persoas maiores xubiladas que realizan envellecemento activo” do Máster Universitario en Xerontoloxía e dirección e Xestión de centros xerontolóxicos, da Universidade Pablo de Olavide.
Parabén ás premiadas polos seus traballos en aras de mellorar a calidade de vida das persoas maiores, así como aos seus directores/as de traballos!
Recent Comments