O domingo 6 de outubro celebrouse en Santiago de Compostela a gala de peche da vixésima edición coa entrega de premios aos filmes gañadores.
O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto chega ao final cun acto de clausura no que participaron a alcaldesa do Concello de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Mocidade, María Rozas, a concelleira de Capital Cultural, Miriam Louzao, o director de AGADIC, Jacobo Sutil, a xerente de Incolsa, Flavia Ramil, e o director artístico de Curtocircuíto, Pela do Álamo.

O premio Cátedra Cruz Roja USC recaeu na curta “Pura” de Carmen Méndez.
Noraboa, Carmen!


A curtametraxe versa sobre unha muller que volve a casa para lembrar(se) e recoñecerse. Colle unha cámara e filma por primeira vez. O retrato da súa nai e da súa avoa é tamén o seu propio retrato. Grazas a elas, reconcíliase co lugar e os recordos.
Carmen Méndez (Baralla, Lugo) estréase como directora con este curto documental autobiográfico. Anteriormente traballou como actriz en teatro, televisión e cinema. En televisión traballou durante sete tempadas na serie da TVG Pazo de Familia, personaxe pola que foi finalista en dúas ocasións aos Premios Mestre Mateo de Academia Galega de Audiovisual como Mellor Actriz de Repartición e tamén participou no Faro, Serramoura, Auga Seca, Elite e Saudade de ti. En cinema participou, entre outros, na longametraxe Tres, de Juanjo Giménez Peña, en BadInvestigate, da produtora portuguesa Lightbox Filmes e protagonizou Pelerinaxes, longametraxe documental dirixida por Simone Saibene.
Anímaste a ver o trailer? 💡👉 “PURA“

Recent Comments