Equipo - Comité Técnico Asesor

Comité Técnico

Asesor

O Comité Técnico Asesor é un órgano consultivo que ten como obxectivo principal colaborar na actividade da Cátedra facilitando a consecución dos seus obxectivos.
Está conformado por profesionais de diferentes campos que contan cunha importante bagaxe e relevancia no ámbito da investigación, os estudos e a posta en marcha de proxectos e actividades relacionadas co estudo e a atención ás persoas maiores.

Dolores Puga González

Dolores Puga González

Científica titular do Consello Superior de Investigacións Científicas , ademais de profesora convidada e relatora, desenvolve a súa actividade investigadora, galardoada con diversos premios, na área da demografía do envellecemento, a análise das estratexias residenciais e as condicións de saúde e benestar de persoas con idades avanzadas.

Antonio Pose Reino

Antonio Pose Reino

Xefe do Servizo de Medicina Interna da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza e profesor titular de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, é promotor e director da Cátedra de Cronicidade da USC, que xunto coa medicina cardiovascular e a pluripatología, conforman as súas principais áreas de investigación e traballo.

María Xosé Rodríguez Galdo

María Xosé Rodríguez Galdo

Catedrática emérita de Historia e Institucións Económicas e autora de numerosas publicacións sobre demografía e migracións, incorporando perspectiva de xénero. É vicepresidenta do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica e achega coñecemento en diversos proxectos relacionados con cambios demográficos e transformación socioeconómica.

Sabela Couceiro Núñez

Sabela Couceiro Núñez

Coordina a área de Envellecemento Activo de Afundación, Obra Social Abanca, desde a que se promoven iniciativas de promoción da saúde e participación das persoas maiores, experiencias innovadoras de posta en valor da súa experiencia, estudos e sensibilización social acerca do envellecemento.

Cruz Roja Española

Cruz Roja Española

Diferentes representantes de áreas de persoas maiores: atención a persoas en proceso de envellecemento ou con funcións cognitivas deterioradas, promoción do envellecemento saudable, rede social para persoas maiores, bo trato ás persoas maiores, axuda complementaria a domicilio, centros de día ou sensibilización á sociedade sobre as persoas maiores, entre outras.

Noelia López Vázquez

Noelia López Vázquez

Licenciada en Tradución pola Universidade de Vigo e Masters en Dirección de Marketing, RSE e Atención Integral Centrada na Persoa. A súa traxectoria como emprendedora social en SARAIVA, ACTIVIZA e ENVITA céntrase en impulsar proxectos estratéxicos de envellecemento activo, así como a aplicación da atención centrada na persoa.

Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría

Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría

Sociedade científica interdisciplinaria conformada por máis de 500 socios e socias de diversas disciplinas relacionadas coa xerontoloxía, desde unha ampla perspectiva que inclúe a visión clínica, biolóxica, psicolóxica e social, e desde as cuales achegan coñecementos para mellorar a calidade de vida das persoas maiores, en Galicia en particular e no contexto global en xeral.

José Manuel Mayán Santos

José Manuel Mayán Santos

Catedrático emérito de Enfermería Xeriátrica e Xerontolóxica na Universidade de Santiago de Compostela, foi director e fundador do Instituto Xerontolóxico Galego e do IV Ciclo da USC para maiores de 55 anos. Ademais é autor de múltiples libros e monografías de temática xerontolóxica e participa activamente de iniciativas relacionadas coa lonxevidade e o envellecemento activo.

Paula Sande Nieto

Paula Sande Nieto

Matemática de formación e profesora de secundaria, compaxina esta actividade desde 2004 coa Dirección das Aulas Senior de Galicia- ATEGAL . É unha persoa moi próxima ao mundo do envellecemento en Galicia polo seu contacto diario e directo coas necesidades e inquietudes deste colectivo tan diverso.

Alfredo Campos García

Alfredo Campos García

Catedrático de Psicología, USC

Catedrático emérito da USC, pertence ao Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da Facultade de Psicoloxía. O Dr. Campos, entre outros méritos, foi profesor de Psicoloxía da Memoria durante máis de corenta anos na USC. Investigou sobre as imaxes mentais, tema sobre o que publicou máis de douscentos artigos, a maioría en revista internacionais con índice de impacto na Social Sciences Edition (JCR). Dirixiu dez Tese Doutoral, todas elas obtiveron a máxima cualificación, e todas están centradas no tema das imaxes mentais aplicadas a diferentes campos. Ademais, é creador e director do Museo Galego de Psicoloxía na Facultade de Psicoloxía da USC, o único que existe en España.