Observatorio
Estudar e interpretar a realidade das persoas maiores require de traballo constante e minucioso, acompañando a toma de decisións e a definición de estratexias que melloren a súa calidade de vida.
Investigación
No noso labor de divulgación e recompilación creamos esta ferramenta para pór en valor as principais investigacións que desenvolvemos ao redor da calidade de vida dos maiores, xunto coa de outras entidades e axentes sociais. Deste modo, compartimos coñecementos e promovemos sinerxías entre a comunidade académica e o tecido socioempresarial.

Estudo do impacto de COVID-19 na calidade de vida das persoas maiores
A Cátedra Cruz Roja Española desenvolveu un estudo para coñecer como está afectando a pandemia por COVID-19 ás persoas maiores en Galicia.