Na I Edición dos premios a TFG e TFM realizados nos cursos académicos 2020/2021 e 2021/2022, Xeila Crespo Rodríguez recibiu o premio ao mellor TFG do curso 2021-2022.

A alumna do Grao en Medicina e Odontoloxía, impartido na Universidade de Santiago de Compostela (USC), realizou o seu proxecto final con o obxectivo xenérico de describir as actitudes dos estudantes de Medicina da USC cara ás persoas maiores. Ademais, no traballo definíronse dous obxectivos específicos: 1) determinar se existe ou non relación entre as actitudes cara ás persoas maiores e as variables sociodemográficas e 2) determinar se existe ou non relación entre as actitudes cara ás persoas maiores e as variables experienciais persoais.

Crespo (2022) sinala que debido á importancia no ámbito sanitario para protexer a saúde das persoas maiores e fomentar un envellecemento activo, resulta fundamental coñecer a perspectiva do edadismo. Así, decidiuse levar a cabo unha análise das actitudes cara ás persoas maiores dos futuros profesionais sanitarios, reflexo da formación no campo das Ciencias da Saúde e da calidade asistencial á que podemos aspirar.

En relación coa metodoloxía empregada, realizouse un estudo descritivo de corte transversal na Facultade de Medicina da USC, e a recollida de datos iniciouse o 25 de abril e finalizouse o 10 de maio. A revisión bibliográfica iniciouse en novembro de 2021 para a procura dunha ferramenta para a avaliación de actitudes validada ao castelán.

O tamaño muestral foi de 339 estudantes que permite estimar a puntuación media na Escala de Actitudes cara ao Adulto Maior de Kogan (KAOP), supoñendo unha desviación estándar de 20 puntos, cun nivel de confianza do 95% e unha precisión absoluta de 2, tendo en conta un tamaño poboacional aproximado de 2400 matrículas.

Respecto aos resultados, Crespo (2022) sinala que en xeral, as actitudes dos estudantes de Medicina da USC do ano académico 2021-2022 desde primeiro ata sexto curso non difiren de estudos realizados previamente. A puntuación media obtida aplicando a escala KAOP foi de 143.26 puntos (SD = 15.16), o que define as actitudes como positivas. Obtivéronse resultados máis positivos nos enunciados que exploran actitudes negativas (74.69, SD = 8.09) que nos positivos (68.67, SD = 8.93), algo que tamén destacaban outros estudos previos.

Ademais outro resultado relevante observouse á hora de analizar o desexo de dedicación profesional ao ámbito xeriátrico dos participantes. Na mostra do noso estudo, os que si se dedicarían á Xeriatría obtiveron unha puntuación total de 147.7 puntos (SD = 16.23) mentres que nos que non o farían foi de 141.44 puntos (SD = 14.41), algo que na análise estatística resultou ser significativo (p = 0.003). Ata o de agora, a evidencia científica desta conclusión non fora tampouco unha constante, diferindo entre os contrarios (43,47) e os apoios (38,40,41) a este argumento.

Como conclusión final e propositiva en relación co analizado neste estudo, o edadismo relacionouse con consecuencias negativas para a saúde das persoas; é importante a investigación de todo relacionar co envellecemento demográfico nun intento de mellorar a calidade de vida das persoas maiores, fomentando un envellecemento activo e evitando maiores repercusións na sociedade.

Bo traballo e noraboa polo premio, Xeila!