A Cátedra Cruz Roja USC convoca a 3ª Edición dos premios a Traballos de Fin de Máster (TFM) e Fin de Grao (TFG) nos que se estuden ou analicen aspectos da calidade de vida ou benestar relacionados coas persoas maiores.
Os premios están dirixidos ao alumnado de universidades públicas españolas que defendan ante unha comisión de avaliación a súa TFG ou TFM obtendo unha cualificación mínima de 8 puntos, e durante o curso académico 2023-2024.
Máis información
O prazo de presentación abrirase ao día seguinte da publicación desta convocatoria no taboleiro electrónico da USC e pecharase o 7 de Outubro de 2024.
Podes consultar as bases a continuación:
Recent Comments