A Cátedra Cruz Roja USC pecha o curso 2025–2026 con novos proxectos, publicacións, relevo na dirección, unha nova convocatoria de premios e presencia no XXXVI Congreso Internacional da SGXX.
O curso académico 2025–2026 foi un ano de avances e consolidación para a Cátedra Cruz Roja USC para a mellora da calidade de vida das persoas maiores.
Entre o 1 de setembro de 2025 e o 25 de agosto de 2026, a Cátedra mantivo o seu compromiso coa xeneración e transferencia de coñecemento sobre envellecemento, promovendo a investigación, a formación e a innovación social orientadas a mellorar a calidade de vida das persoas maiores.
O balance do curso resúmese en seis fitos principais, que reflicten unha actividade centrada nas persoas maiores e na construción dunha sociedade máis inclusiva:
Un curso, diferentes fitos
Setembro–outubro de 2025 | Premios TFG/TFM
A Cátedra pechou a convocatoria da cuarta edición dos seus Premios TFG/TFM, dirixidos a recoñecer traballos académicos relacionados coa calidade de vida e o benestar das persoas maiores. A convocatoria recibiu candidaturas procedentes de distintas universidades españolas.
Decembro de 2025 | Nova Memoria de Actividades
Publicouse a Memoria de Actividades 2024–2025, que recolle o traballo desenvolvido pola Cátedra durante o curso anterior: congresos, formación, estudos e iniciativas de investigación, alén do fallo da cuarta edición dos Premios TFG/TFM.
Marzo de 2026 | Cara a un supermercado de proximidade máis inclusivo
A investigación impulsada pola Cátedra, en colaboración con Vegalsa-Eroski, contribuíu a avanzar cara a un modelo de supermercado de proximidade máis accesible e inclusivo. Unha liña de traballo que sitúa a experiencia cotiá das persoas maiores no centro do deseño dos espazos e servizos.
Mayo de 2026 | XXXVI Congreso Internacional da SGXX
A Cátedra participou no XXXVI Congreso Internacional da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX), celebrado en Lugo, cun simposio propio. O encontro reuniu a máis de 300 profesionais e permitiu compartir coñecemento e experiencias ao redor do envellecemento e as persoas maiores. Neste marco, a Cátedra outorgou ademais o premio á mellor comunicación, no ámbito da saúde dixital e as persoas maiores.

Un curso para seguir avanzando
Estes fitos representan unha parte da actividade desenvolvida durante o curso, pero comparten un mesmo propósito: xerar coñecemento, impulsar a innovación e favorecer unha sociedade na que as persoas maiores poidan desenvolver plenamente os seus proxectos de vida.
A Cátedra Cruz Roja USC continúa así fortalecendo a colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e Cruz Roja Española, conectando o ámbito académico coas necesidades e retos sociais relacionados co envellecemento.
O novo curso chega co compromiso de seguir sumando investigación, formación, alianzas e coñecemento compartido polas persoas maiores e para as persoas maiores.
Recent Comments