Os establecementos de distribución alimentaria convertéronse, en 2020 durante o estado de alarma en España, en servizo esencial para a poboación. A crise sanitaria e social derivada da pandemia por COVID-19 expuxo a necesidade de mellorar os servizos dirixidos ás persoas maiores. O supermercado de proximidade é un lugar adecuado, dada a súa proximidade ás persoas cidadás e á súa presenza tanto en zonas urbanas como rurais, para estudar e poñer en marcha solucións amigables coas persoas maiores, baseadas en experiencias de bo trato. Ademais, a importancia dos supermercados vai máis aló da súa presenza e relevancia social. O fenómeno demográfico do envellecemento poboacional obsérvase tamén desde unha perspectiva das oportunidades e melloras de negocio que con el aparecen, favorecendo o desenvolvemento de bens e servizos para as persoas consumidoras maiores e as sociedades que envellecen enmarcado no contexto da economía prateada.


Obsérvase pois a pertinencia de coñecer as experiencias, opinións e posibles acciones de mellora na atención a persoas con 60 e máis anos en Galicia como investigación pioneira baseada nunha colaboración público-privada que promova un novo paradigma que considera ás persoas maiores como participantes activos nunha sociedade integrada e como contribuíntes ao desenvolvemento. Os axentes sociais, e entidades como o supermercado de proximidade, son mecanismos idóneos para a posta en marcha de accións que contribúan a este novo paradigma de servizo no edadismo e a estigmatización en relación á idade. É necesario crear contornas amigables coas persoas maiores que inciten ao envellecemento activo, mediante a optimización das oportunidades de saúde, participación e seguridade a fin de mellorar a calidade de vida das persoas a medida que envellecen. A adaptación de servizos, e a atención nos mesmos, a persoas de idade favorece contornas amigables e inclúe tamén ás persoas maiores con diversas necesidades e capacidades (OMS, 2002).

Finalmente, sinalar a relevancia de levar a cabo un estudo en poboación galega no ámbito da economía prateada e tendo en conta tanto o punto de vista das persoas consumidoras sénior como das persoas que traballan no sector dos supermercados de proximidade.


O estudo “O supermercado de proximidade. A experiencia de compra das persoas maiores en Galicia”, desenvolvido pola Cátedra Cruz Roja USC e promovido por Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de Vegalsa-Eroski é o primeiro que se realiza en Galicia e que permite extraer conclusións sobre a devandita temática, pois ata o momento non se expuxo ningunha investigación que recollese tanto o punto de vista das persoas consumidoras sénior como das que traballan no sector dos supermercados de proximidade.


Neste sentido, o estudo realizouse cunha mostra de máis de 500 persoas participantes, que incluía a 293 con 60 e máis anos que acudiron a 38 supermercados de proximidade dos supermercados Eroski Center en Galicia (61,8% mulleres) e 259 integrantes do equipo desta insignia de Vegalsa-Eroski cun posto relacionado coa atención directa ao público/cliente.

Mediante a realización de dúas enquisas diferenciadas para a selección de participantes, extraéronse conclusións moi relevantes que permitiron realizar un decálogo de recomendacións que será implantado nos supermercados de proximidade Eroski Center Galicia e que inclúe, entre outros aspectos, crear un ambiente seguro e de confianza para as persoas maiores, falarlles con empatía e respecto, ou axudarlles se se desorientan utilizando unha comunicación clara e amigable.

Coñece o estudo completo 📖​👇​