Con este interesante titular, El Correo Gallego publicou a principios de decembro 2023 un artigo divulgativo co obxectivo de responder á cuestión de, por que se a vellez é un éxito social e sanitario, as súas consecuencias físicas non son positivamente valoradas na sociedade do século XXI.
Sinalan desde a Asociación de Medicina Estética de Galicia (ASMEGA) que si observan a existencia de medo a envellecer, e que esta preocupación é maioritariamente feminina.
Ambas as observacións foron complementadas polo Dr. Arturo X. Pereiro, profesor na Facultade de Psicoloxía da USC e director da Cátedra Institucional Cruz Vermella-USC, sinala que “A vellez esperta na sociedade actual sentimentos de rexeitamento e as persoas, polo común, ven a vellez como algo indesexable“.
O prof. Pereiro indicou ademais que facerse maior non encaixa con estes parámetros polo que “máis que un problema psicolóxico, o problema é de natureza sociolóxica”.
Compartimos convosco e vós o artigo completo para que poidades lelo e, quizais, empregar un pouco/pouo de tempo para pensar en aspectos como a gerascofobia, a vixilancia social que incide en maior medida no colectivo de mulleres ou a incidencia das redes sociais na visión negativa e estereotipada do proceso de envellecemento, como sinalou o Dr. Arturo X. Pereiro.
Una sociedad invadida por el miedo a la vejez (El Correo Gallego, decembro 2023)
Ademais, convidámosvos a ler, se non o fixestes xa!, o post que publicamos desde a Cátedra Cruz Vermella-USC en agosto de 2023, “A moda non entende de idades”.
Recent Comments