A Cátedra Cruz Roja Española para a mellora da calidade de vida das persoas maiores está desenvolvendo un estudo para coñecer como está afectando a situación de pandemia por COVID-19 ás persoas maiores.
A través dunha investigación cuantitativa a poboación de 65 anos ou máis en Galicia, realizada mediante unha enquisa telefónica, preténdese afondar nas diferentes dimensións da calidade de vida das persoas maiores e analizar o impacto que a pandemia está tenfo nelas.
Proximamente avanzaranse máis detalles e resultados desta investigación.
