Acto de constitución da Cátedra Cruz Roja Española (xaneiro de 2016). De esquerda a dereita: Carmen Colmeiro, presidenta autonómica de Cruz Roja en Galicia, Javier Senent, presidente de Cruz Roja Española, Juan Viaño, reitor de la USC e José Manuel Rey, conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia.
A Cátedra Ruz Roja Española para a mellora da calidade de vida das persoas maiores nace no ano 2016, como resultado dun convenio de colaboración entre Cruz Roja Española e a Universidade de Santiago de Compostela, co firme propósito de aportar solucións ante o reto demográfico que representa a lonxevidade e crear oportunidades encamiñadas a facer do envellecemento activo un motor de benestar social.
Nos primeiros anos de traxectoria, baixo a dirección do profesor universitario Manuel Gandoy, coordinador do máster de Xerontoloxía da USC e do grupo de investigación en Dependencia, Xerontoloxía e Xeriatría, a actividade da Cátedra estivo orientada ao deseño e execución de accións concretas que motivaran a participación das persoas maiores, potenciando o voluntariado senior e o envellecemento activo. Proba diso é a posta en marcha do Programa ActivaSenior ou o desenvolvemento da I Xornada de Voluntariado ActivaSenior, celebrada o 1 de outubro de 2018 co gaio do Día Internacional das Persoas de Idade.
No ámbito da investigación e da innovación da innovación a Cátedra Cruz Roja Española participou no proxecto europeo ActivAge, no que Galicia foi pioneira nunha proba piloto realizada de xeito conxunto en 7 países da Unión Europea de cara a mellorar a autonomía das persoas maiores, fortalecendo a súa seguridade e independencia grazas á tecnoloxía. A Cátedra tamén colaborou no proxecto europeo GHOST, un proxecto destinado a ofrecer solucións de rede de seguridade que permitan o uso de software disruptivo para as persoas que ocupan vivendas intelixentes.
Ademais da promoción de accións concretas encamiñadas a mellorar a calidade de vidas das persoas maiores, e da participación activa en investigacións innovadoras que contribúan a esa mellora, a Cátedra persegue favorecer as relacións con entidades públicas e privadas, axentes sociais e co propio tecido empresarial implicándoos en iniciativas que aporten ao seu propósito e favorezan a incorporación de perspectivas interxeneracionais as súas accións e decisións.