Cartel Congreso

O inicio deste novo curso académico para a Cátedra Cruz Roja Española veu marcado por unha data importante no calendario da investigación e as actividades en relación ás persoas maiores: a celebración do congreso anual da Sociedad Española de Geriatría y Gerontología, celebrado entre o 14 e o 16 de outubro baixo o lema “Envejecimiento y nueva complejidad” e que nesta edición transcorreu nun espazo virtual, dadas as circunstancias xeradas pola pandemia a COVID-19. 

A realización deste Congreso favoreceu a interacción e o intercambio de coñecemento e experiencias entre profesionais vencellados á atención a persoas maiores, nun contexto de crise sanitaria, no que os coidados e a atención foron os protagonistas e púxose de manifesto, máis se cabe, a necesidade de coordinar o sistema de saúde e os servizos sociais, de dar respostas personalizadas e adaptadas ás diferentes realidades que poden afectar a unha persoas de idade e de loitar contra o edadismo e o maltrato. 

A participación no Congreso tenlle reportado á Cátedra Cruz Roja Española interesantes puntos de vista e reflexións sobre o futuro da atención e os coidados, coincidindo boa parte dos relatorios na afectación que a COVID-19 ten suposto en persoas maiores en centros residencias, nas escolas por falta de procesos de dó ou a desatención de outras patoloxías que tamén poden saturar o sistema sanitario. 

A importancia da vacinación, a incorporación de comités éticos ou de expertos que asesoren aos profesionais na práctica, revisar o marco de regulación, inspección e avalaición ou velar pola protección dos dereitos humanos das persoas maiores son outras das cuestións ue se teñen debatido ao longo das xornadas congresuaisnas que algunhas investigacións sobre o impacto da COVID-19 deron os seus primeiros resultados, afondando no fundamental que resulta medir desde o rigor científico as consecuencias que está tendo, e terá, esta pandemia mundial.