soidade e o illamento social, cando afectan as persoas maiores, son un risco grave de saúde pública que afecta a unha cantidade significativa de persoas, incrementando o risco de presentar demencia e outras afeccións graves. Por este motivo, a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría quixo dedicar o seu 33 Congreso Internacional a estas temáticas.

Ademais neste congreso, desenvolvido os días 9 e 10 de xuño en Vigo, a Cátedra Cruz Vermella USC estivo presente moderando unha mesa de comunicacións orais sociais. En colaboración con Rebeca Vázquez Fente, responsable de proxectos na Unidade de Innovación de Cruz Vermella en Galicia, a comisión da Cátedra Cruz Vermella USC galardoou ao traballo titulado “O acompañamento a equipos no seu camiño cara á ACP: efectos da soidade subxectiva das persoas“, presentado por Sandra Soage do grupo ACTIVIZA. Parabéns!

Máis información en: www.activiza.es

Agradecer aos relatores do simposio Cátedra Cruz Vermella USC “Calidade de vida en Adultos Maiores: Benestar persoal, integración social, saúde e economía” a súa participación na mesa. Durante a intervención, obtivemos interesantes reflexións sobre a soidade e a súa implicación coa calidade de vida desde unha perspectiva multidisciplinar: Psicoloxía, Medicina, Xeriatría, Economía…

Grazas pois ao Dr. Onésimo Xuncos, Dr. Javier Yanguas, Dr. Antonio Pose, Dra. Isabel Neira e Dr. José Ramón Martínez pola súa inestimable colaboración e a súa gran achega ao ámbito da Xerontoloxía centrada na calidade de vida das persoas maiores.

Grazas á Sociedade Galega de Xerontoloxía y Xeriatría por incluirnos no seu interesante programa científico.

Agradecemos tamén a Cruz Vermella en Pontevedra a súa colaboración no congreso, xa que 3 voluntarias interesadas na temática estiveron presentas durante as xornadas en Vigo.