A Cátedra Cruz Vermella USC convoca a 4ª Edición dos premios a Traballos de Fin de Máster (TFM) e de Fin de Grao (TFG) nos que se estuden ou analicen aspectos da calidade de vida ou benestar relacionados coas persoas maiores.
Os premios están dirixidos ao alumnado de universidades públicas españolas que defendan ante unha comisión de avaliación a súa TFG ou TFM obtendo unha cualificación mínima de 8 puntos, e durante o curso académico 2024-2025.
Novidades
Nesta convocatoria, valorarase especialmente a implicación do traballo para mellorar a calidade de vida no ámbito da xerontoloxía. Por iso, o propio/a autor/a deberá realizar un documento específico no que explicite o marco teórico, as medidas e conclusións que apoian esa relación, independentemente da disciplina de orixe (p. ex. Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias da Saúde, Ciencias, Enxeñería e Arquitectura, etc.)
Ademais, os traballos serán avaliados polas persoas que conforman o xurado mediante o sistema de avaliación por pares de dobre cego.
Máis información
O prazo de presentación abrirase ao día seguinte da publicación desta convocatoria no taboleiro electrónico da USC e pecharase o 10 de Outubro de 2025.

Podes consultar as bases aquí
Reserva de prazas para aloxamento na R.U. Bal y Gay
Se non es de Lugo, e queres aloxarche na cidade durante o curso, dispoñemos de 10 prazas reservadas para alumnado na R.U. Bal y Gay (Lugo). O prazo máximo para facer a reserva é o 27/06/2025.S
Na seguinte ligazón os asistentes ao Congreso poden reservar a súa praza no SUR (Servizo Universitario de Residencias da USC):
Esta ligazón leva a unha páxina onde as persoas asistentes ao congreso indicarán os cuartos que precisan reservar e as noites da súa estadía. Noutra páxina deberán completar os datos de facturación correspondente o pago da súa reserva. Finalmente, unha pasarela segura permitirá facer o pago con tarxeta de crédito ou débito.
Se selecciona a opción de ‘estudante’, deberá xustificar tal condición achegando un documento acreditativo (tarxeta de estudante, matrícula na Universidade, etc).
Recent Comments