Os días 29 e 30 de abril de 2022 celebrouse en Pontevedra o 32 Congreso Internacional organizado pola Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX). Este 32 Congreso revelouse como un excelente marco para debater de maneira conxunta acerca do lema elixido para esta ocasión: “Atención Xerontolóxica e Xeriátrica: edadismo e principios éticos”.
Coa organización do 32 Congreso Internacional, tanto as persoas membro da SGXX como as persoas profesionais e empresas do sector, estudantes, persoas voluntarias, asociacións do ámbito das persoas maiores, etc. atoparon un adecuado marco de discusión para explorar as sinerxías ao redor das melloras da calidade de vida das persoas maiores, sector no que Galicia xa se sitúa nos primeiros postos.
A Cátedra Cruz Roja participou neste #32congresoSGXX coa comunicación oral “Impacto da COVID-19 na Calidade de Vida de persoas maiores: percepcións no trato recibido pola súa contorna”. Agradecer á SGXX a súa deferencia cara ao traballo realizado polo equipo da Cátedra Cruz Roja ao entregarnos o premio á Mellor Comunicación Oral do ámbito social pola devandita comunicación.

Recent Comments