O xoves 5 de maio a Cátedra Institucional Cruz Roja para a mellora da calidade de vida das persoas maiores presentamos no Centro Obra Social ABANCA-Afundación os proxectos destacados do Plan de Actividade de 2022, cos que busca fomentar a investigación e a transferencia de coñecemento sobre as persoas maiores.

No acto de presentación interveu o vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela, Gumersindo Feijoo Costa; a presidenta de Cruz Vermella, Carmen Colmeiro Rojo; o director da Cátedra, Arturo X. Pereiro Rozas; e o codirector, Onésimo Juncos Rabadán.

Asistiu ademais o director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo. Durante o encontro destacou como o Goberno galego avanzou cara a unha maior integración sociosanitaria no ámbito dos coidados despois da pandemia da covid-19. Neste sentido, apuntou que o primeiro paso foi a propia creación da Dirección Xeral de Atención Integral Sociosanitaria que permite atender desde unha perspectiva máis integrada ás persoas maiores. Así mesmo, lembrou que o Goberno galego aprobou un nuevo modelo de atención que permite mellorar a calidade asistencial atendendo á lección aprendidas durante a pandemia.

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es image_gallery-1024x651.jpg

Entre as actividades deste ano o prof. Arturo X. Pereiro destacou varios estudos e xornadas, así como un concurso de curtametraxes ou a primeira edición dos Premios a Traballos de Fin de Grao (TFG) e Fin de Máster (TFM) da Cátedra Cruz Roja – USC.

Coloquio

Ademais, celebrouse a mesa redonda ‘A calidade de vida das persoas maiores en Galicia despois da pandemia. Leccións aprendidas’ para extraer conclusións sobre como afectou a situación sanitaria e social dos dous últimos anos a este grupo de idade e sobre as necesidades e apoios que tiveron, así como para establecer recomendacións para unha mellor atención e intervención.

O debate estivo moderado por Trini de Lorenzo, secretaria técnica da Cátedra, e nel participaron Fidel Martínez Roget, profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias da USC, que centrou a súa intervención no ‘Estudo sobre o impacto da Covid-19 na calidade de vida das persoas maiores’; Carlos Dosil Díaz, profesor da Facultade de Psicoloxía, que falou do impacto psicolóxico e funcional do confinamento en adultos maiores que viven en residencias recollido no estudo ‘RESICOVID’; e Montserrat Sánchez-Agustino, subdirectora da Cátedra de Cronicidade da USC, que profundou no proxecto HIGEA, cuxo obxectivo foi e é conectar os pacientes con COVID ingresados nun hospital coas súas familias.

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es Acto-CatedraCRUSC-2-1024x538-1.jpg

Unha das cuestións destacadas que se quere poñer en valor desde a Cátedra Cruz Roja- USC é a influencia positiva e determinante que durante a pandemia tiveron o apoio social, xa sexa en persoa ou online, e a percepción de apoio da contorna para as persoas maiores que viven tanto en domicilios como en residencias.

É fundamental ter isto en conta á hora de expor e realizar proxectos dirixidos a mellorar a calidade de vida deste colectivo.