A Cátedra Cruz Roja USc, a través do Vicerreitorado de Transformación Dixital e Innovación da USC, convoca o I Concurso de fotografía que ten como obxectivo sensibilizar a comunidade universitaria da importancia de crear espazos nos que as persoas maiores poidan prestar e recibir coidados empregando como instrumento básico a imaxe en formato de fotografía.

Este certame vai dirixido a calquera persoa que pertenza á comunidade universitaria (PAS, PDI, estudantes) das 3 universidades públicas de Galicia na data de remate de presentación de solicitudes.

Características da/s fotografía/s:
• A temática da imaxe debe estar relacionada con situacións nas que unha ou
varias persoas maiores e unha ou varias persoas de calquera outra xeración
se ven implicadas conxuntamente nunha acción de recibir ou prestar axuda
ou apoio en calquera das súas formas e en calquera ámbito ou situación da
vida.
• A obra ten que ser orixinal e inédita. Non se admitirán obras xa galardoadas
noutro certame ou concurso.
• Cada participante poderá presentar unha sola obra, aínda que esta poida
tratarse dunha serie de máximo cinco (5) fotografías, que conxuntamente
conformen unha única obra con sentido
• As imaxes poderán ser en cor ou en branco e negro.
• As fotografías que conformen a obra terán un formato dixital ‘.jpg’ cun
tamaño de 72 píxeles por polgada, sendo o lado menor maior de 2000 píxeles.
• As fotografías deben cargarse nunha plataforma de intercambio de ficheiros
en liña e achegar a ligazón e o contrasinal para visualizalas, se é necesario.

Establécense 2 premios:
• Primeiro premio: 600€ e diploma acreditativo.
• Segundo premio: 400€ e diploma acreditativo.

Más información en:

Bases de la convocatoria