Lugo, 8–11 de xullo | O Vello Cárcere
Por terceiro ano consecutivo, a Cátedra Cruz Vermella USC organizou en Lugo o seu curso de verán, esta vez baixo o título “Envellecemento: ganancias e resiliencia”, unha proposta formativa que reuniu a profesionais, investigadores, estudantes e cidadanía interesada nos retos e oportunidades do envellecemento.
Durante catro intensas xornadas, o emblemático espazo de O Vello Cárcere acolleu un programa multidisciplinar que abordou o envellecemento desde unha perspectiva positiva, centrada na resiliencia, a saúde mental, a reserva cognitiva e as relacións interxeracionais. O curso foi inaugurado polo director da Cátedra, Dr. Arturo X. Pereiro Rozas, e contou coa participación de relatores nacionais e internacionais de recoñecido prestixio, como o Dr. Yaakov Stern (Columbia University, NY).

Un programa centrado na calidade de vida
O curso se estructuró en catro módulos temáticos:
Reserva cognitiva: estratexias de adestramento mental e programas como Resi-TaD.
Resiliencia emocional: intelixencia emocional e vínculos interxeracionais.
Factores sociais e comunitarios: o papel das redes de apoio e a institucionalización.
Ganancias do envellecemento: unha mirada aos logros vitais e a adaptación positiva.
Ademais, participaron 17 alumnos procedentes de distintas áreas sociosanitarias, o que enriqueceu o debate e favoreceu o intercambio de experiencias entre profesionais en formación e expertos do ámbito académico e clínico.
Difusión en medios e redes
A iniciativa tivo unha ampla cobertura en medios de comunicación e redes sociais, destacando o seu impacto na comunidade local e académica.



Colaboran





Recent Comments