A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia/Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación Galicia (AETG/COETG) organizou a semana pasada un debate virtual sobre as persoas maiores e a dixitalización, para conmemorar o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2022.

Tivemos o pracer de participar no debate organizado, xunto con Julio Sánchez Agrelo decano da AETG/COETG, e Edita de Lorenzo de PuntoGal, nun coloquio no que desde os diversos campos de coñecemento realizouse unha aproximación á situación actual das persoas maiores ante a dixitalización e as tendencias futuras.

Como resumo da xornada destacar que “A tecnoloxía debe mellorar as nosas vidas, non excluírnos. Debe axudar a promover a autonomía das persoas”, como afirma Edita de Lorenzo.