Este certame dirixido a calquera persoa que pertenza á comunidade universitaria (PAS, PDI, estudantes) da Universidade de Santiago de Compostela, ten como obxectivos fomentar o interese entre a comunidade sobre un tema de alta repercusión social como é a soidade non desexada no colectivo de persoas maiores, ademais de visualizar a problemática e abordar posibles solucións a través de curtametraxes elaboradas con esta finalidade.

A obra ten que ser orixinal e inédita, e a temática da produción debe estar relacionada coa soidade non desexada das persoas maiores. A curtametraxe poderá adoptar calquera xénero audiovisual (ficción, documental ou vangarda), e a técnica será libre podéndose gravar a produción con calquera dispositivo. A duración non poderá ser superior a 20 minutos (co pano inicial e final incluídos).

Establécense 2 premios:
• Primeiro premio: consistirá nun premio en metálico de 1000 € e diploma acreditativo.
• Segundo premio: 500€ e diploma acreditativo.

A convocatoria completa das bases poderase consultar na seguinte ligazón: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/115270/carga.htm

A data de final de presentación de solicitudes é o 30 de Xuño de 2022.