🔊 Inauguramos despacho na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela 🔊
Dende hoxe, os xoves de 10:00 a 14:00 estaremos no despacho da Cátedra Cruz Roja USC, no anda 0.
Se sintes curiosidade por saber que é unha cátedra institucional ❓ , que facemos nesta Cátedra 👩🎓 👨🎓 que busca mellorar a #calidaddevida das #personasmayores ou tes algunha proposta que contarnos 🤝 , acércate a visitarnos.
A USC impulsa diversas accións para captar fondos privados cos cuales soster financeiramente o desenvolvemento de iniciativas docentes, investigadoras e socioculturais atendendo a tres grandes liñas de actuación: acordos de mecenado, iniciativas de micromecenado e promoción das cátedras institucionais.
As cátedras institucionais da USC, concibidas como actividades de I+D+i, son ámbitos singulares para a reflexión, o debate, o estudo e a investigación en todas as áreas de coñecemento.
A través das cátedras institucionais quérese potenciar a relación entre a comunidade universitaria e a súa contorna económica, social e cultural, así como activar a captación de recursos externos e intensificar a colaboración entre a USC e empresas, institucións ou fundacións para desenvolver actividades complementarias nos ámbitos da docencia, a investigación ou a transferencia de o coñecemento cara aos sectores produtivos.

A USC e Cruz Vermella subscribieron en 2016 un convenio de colaboración co obxecto de crear na USC a Cátedra Institucional Cruz Roja para a mellora da calidade de vida das persoas maiores. Cruz Vermella está interesada en promover a docencia, a investigación, o desenvolvemento e a innovación aplicados ao estudo da atención e mellora da calidade de vida das persoas maiores e o envellecemento. Deste interese, xorde a colaboración coa USC a través da Cátedra Cruz Roja USC.
Se te animas, no dubides en contactarnos 📤 catedra@cruzroja.es ou chamarnos 📲 678563241.
¡Temos a porta aberta, benvidos/as!

Recent Comments