Co obxectivo de dar resposta a algunhas das preguntas que actualmente aparecen na axenda social e entender mellor as barreiras específicas ás que se enfrontan as persoas maiores, HelpAge España publicou a colección: “Construíndo unha sociedade inclusiva e amigable coas persoas maiores desde os dereitos”.

Esta colección, de carácter divulgativo, pretende así contribuír a sensibilizar ao conxunto da poboación sobre a discriminación á que se enfrontan as persoas maiores, promover políticas sociais e de igualdade con perspectiva de idade e fomentar o empoderamento dos homes e mulleres maiores para que coñezan e reclamen os seus dereitos.
En concreto, o segundo caderno da colección, “O dereito das persoas maiores á saúde e á calidade de vida” sinala que o edadismo e a discriminación cara ás persoas maiores teñen un forte impacto negativo no seu dereito á saúde, así como un forte impacto no acceso das persoas maiores aos coidados de saúde e ao dereito destas persoas a recibir unha atención sanitaria e social respectuosa dos seus dereitos, oportuna e de calidade.

Coincidimos con este informe na necesidade de eliminar o edadismo e a discriminación por idade, e fomentar o maior grao posible de autonomía persoal a través de distintas estratexias políticas e a posta en marcha de medidas educativas e de sensibilización.
Recent Comments