O Festival Internacional de Cinema- Curtocircuíto foi fundado no ano 2003 polo Concello de Santiago de Compostela co obxectivo de potenciar a creación cinematográfica e audiovisual. 21 edicións despois, Curtocircuíto é un festival destacado no panorama estatal que traballa en contacto con outros festivais da súa contorna e de Europa.
A contemporaneidade, o risco e a exploración formal son as guías do seu traballo. Nos últimos anos, o festival evolucionou para converterse en un evento interdisciplinar que, mantendo o cinema como eixo, abarca na súa programación outras disciplinas talles como a fotografía, a arte sonora, a etnografía, a música ou a literatura. Curtocircuíto é un festival comprometido co seu tempo, que apoia a creación, a formación e a integración da cidadanía e que aspira permanentemente a ser un punto de encontro lúdico e de reflexión.
Onte, na facultade de Psicoloxía da USC, realizouse un evento de proxección das pezas que se presentan ao premio Cruz Vermella USC neste festival, e cuxo contido é destacable no campo da diversidade entre as persoas maiores.
Posteriormente, tivo lugar un coloquio no que participaron responsables de distintos departamentos do Grao de Psicoloxía xunto con creadores audiovisuais que conversarán co alumnado presente. Presentado polo director da Cátedra, Dr. Arturo X. Pereiro, foi moderador a decana da facultade, a Dra. M. José Sampedro.
Convidámosvos a coñocer os tráilers das 4 obras presentadas ao Premio, que se resolverá o domingo 6 de ouubro 👉📽️Premio Cátedra Cruz Roja USC
- “Pura” de Carmen Méndez.
- “Las novias del sur”, de Elena López Riera.
- “Cuerdas”, de Estíbaliz Urresola Solaguren.
- “Life story”, de Jessica Dunn Rovinelli.
Máis información aquí.
Recent Comments