Do 18 ao 20 de xuño de 2025 celebrouse en Barcelona o 65 Congreso da Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía (SEGG) e o 28 Congreso da Sociedade Catalá de Xeriatría e Xerontoloxía (SCGiG) abordando as seguintes temáticas:

  • Innovacións en xeriatría y xerontoloxía
  • Constrúe relacións duradeiras

No acto de clausura do congreso, entregáronse os premios Cátedra Cruz Vermella USC, que consistiron en 1 premio por valor dunha inscrición ao Congreso SEGG 2026, para o primeiro autor da mellor comunicación oral referida á temática do premio, e 1 premio por valor dunha inscrición ao Congreso SEGG 2026, para o primeiro autor da mellor comunicación póster referida á temática do premio.

Os traballos debían estar relacionados coa calidade de vida nas persoas maiores, implementando unha metodoloxía e/ou empregando algún instrumento adecuado para medir este constructo ou calquera outro estreitamente relacionados con el nesta poboación (benestar, satisfacción vital, felicidade, emocionalidad positiva), independentemente da disciplina de orixe (Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias da Saúde, Ciencias, Enxeñería e Arquitectura).

As persoas e traballos premiados foron os seguintes:

Mellor comunicación oral: Evolución da calidade de vida de adultos maiores con ostomía tras cirurxía por cancro de recto/sigma, defendido por Jaime Lozano Expósito, do Hospital Xeral Universitario Gregorio Marañón (Madrid).

Mellor comunicación póster: Factores psicosociais asociados á actividade sexual na adultez e vellez, traballo presentado por Juan Carlos Meléndez, da Universidade de Valencia.

Parabén a ambos polo voso traballo e compromiso coa calidade de vida das persoas maiores.