Tras decisión do xurado dos premios, en reunión do 5 de Decembro, os premios a Traballo de Final de Grao e de Máster publicáronse oficialmente no Taboleiro de anuncios da USC.

Agradecer aos membros do tribunal a súa participación na avaliación dos traballos. O xurado estivo presidido polo Vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade da USC, Dr. Gumersindo Feijoo, e composto, por parte da USC: Prof. Dr. Onésimo Juncos, Prof. Dr. Antonio Pose e por parte de Cruz Vermella, Dona Rebeca Vázquez e Dra. Trini de Lorenzo.

Dar as grazas tamén aos/as alumnos/as que presentaron os seus traballos, así como á comunidade universitaria en xeral polo seu apoio na difusión desta convocatoria. Na mesma presentáronse 17 traballos, destacando a multidisciplinariedad dos mesmos.

Parabéns a todos/as pola calidade dos traballos e o esforzo que se observa nos mesmos. Tras a decisión do xurando os traballos premiados foron os seguintes:

Miriam Beltrán García: “Factores e indicadores do traballo sostible en España: perspectiva dos traballadores de máis idade.” (TFM. Curso académico 2020-2021)

Noemia Veiga Gonçalves: “A música popular galega (MPG) como instrumento de intervención educativa para persoas maiores con Alzheimer/Alzheimer. (TFG. Curso académico 2020-2021)

Esther Veiga García: “Unha intervención psicolóxica multicomponente implementada a través dun videoxogo na promoción do envellecemento activo: un estudo piloto”. (TFM. Curso académico 2021-2022)

 

Xeila Crespo Rodríguez: “Revisión e estudo das actitudes dos estudantes de Medicina fronte ás persoas maiores”. (TFG. Curso académico 2021-2022)

Ademais, obtiveron diplomas acreditativos de accésit honorífico as alumnas Sara Prieto Martínez (“Indicadores funcionais das alteracións da visión en maiores”), Teresa Millán Omil (“Efectos terapéuticos da actividade física na Enfermidade de Alzheimer/Alzheimer: unha revisión sistemática”) e Sila Salgado López (“Condicións favorecedoras da calidade de vida das persoas maiores: unha clasificación das provincias españolas”).

Parabéns a todas e esperamos poder contar convosco no evento que se realizará ao longo de 2023 con motivo desta I Convocatoria de Premios.