O IX Fórum Retos Internacionais do Ecosistema Saúde: cara ao futuro da saúde, organizado pola Agrupación industrial da Saúde de Galicia e celebrado en Guitiriz, foi un espazo ideal para coñecer a actualidade e as oportunidades existentes na investigación en medicina personalizada e de vangarda, biomedicina, coidados híbridos e saúde circular.
Durante a cea de inauguración do foro, outorgáronse os premios RIES24. Todas as candidaturas presentadas foron avaliadas polo Comité Honorífico do evento, formado, entre outros por Antonio Acevedo Prado (Director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria – Consellería de Política Social e Igualdade), Pilar Bermejo Carrera (Vicerrectoría de Política Científica na Universidade de Santiago de Compostela (USC), Ángel Carracedo (Director-Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica) ou Carmen Cotelo (Directora Axencia Galega de Innovación (GAIN)).
O tribunal decidiu conceder o PREMIO COMUNIDADE ao estudo “A experiencia de compra das persoas maiores en Galicia: o supermercado de proximidade”.
Agradecidos ao Clúster Saúde de Galicia, CSG polo recoñecemento ao estudo realizado. Os seus resultados están a servir para crear espazos máis inclusivos e accesibles nos supermercados de proximidade de Vegalsa-Eroski. Grazas á distribuidora por confiar no coñecemento científico nas súas accións de mellora.
Queremos que este premio reflicta a importancia de ter obxectivos comúns, a mellora da calidade de vida e a saúde, e de facelo nun marco organizativo como é o Cluster Saúde de Galicia, CSG.
Compartimos convosco e vós o vídeo realizado para presentar o noso estudo a estes recoñecidos premios no ámbito socio-sanitario galego 👇🏆
Recent Comments