Facultade de Psicoloxía – Universidade de Santiago de Compostela
Este ano, o Premio ao Mellor Traballo de Fin de Máster (TFM) foi outorgado a Nazaret Fernández García, alumna do Máster en Psicogerontología da Universidade de Santiago de Compostela, pola súa innovadora proposta titulada:
“Coidar sen Descoidarse”: Programa de Intervención Psicoeducativa para a Abordaxe de Síntomas Conductuales e Psicolóxicos en Demencias para Coidadoras/es Formais
(Modalidade 1: Deseño dun Programa de Intervención orixinal e propio en relación con algún aspecto do traballo no centro de prácticas)
Tutora: Montserrat Zurrón

🔍 Por que este traballo é relevante?
Os Síntomas Conductuales e Psicolóxicos da Demencia (SCPD) son un dos maiores retos no coidado de persoas maiores institucionalizadas. A súa alta prevalencia e o impacto que xeran na calidade de vida dos residentes, unido ao desgaste emocional do persoal, converten a súa abordaxe nunha prioridade.
A falta de formación específica en estratexias non farmacolóxicas e a sobrecarga emocional poden derivar en Burnout, afectando tanto o benestar profesional como á atención centrada na persoa.
📚 Resumo do TFM
O traballo propón un programa psicoeducativo dirixido ao personal de atención directa da Residencia Brión II, con tres obxectivos clave:
- Mellora o abordaxe das SCPD.
- Reducir o desgaste profesional.
- Promover unha atención máis empática e humanizada.
Características do programa:
Duración: 12 sesións de 1 hora.
Metodoloxía: Enfoque práctico e participativo, combinando:
- Breves exposicións teóricas.
- Análise de casos reais.
- Dinámicas grupais e role-playing.
- Técnicas de autorregulación emocional.
Avaliación: Deseño pre-post con ferramentas validadas (MBI e CVS-R).
Impacto esperado:
- Maior comprensión dos SCPD.
- Redución do Burnout.
- Mellora na calidade do coidado e na relación profesional-residente.
O traballo conclúe cunha invitación para replicar o programa noutros centros e a integralo nos plans de formación do ámbito residencial.
🔑 Palabras chave
SCPD · Intervención Psicoeducativa · Burnout · Calidade de Vida · Residencias de maiores
Recent Comments