Cruz Vermella na Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) asinaron en xaneiro de 2023 unha addenda ao convenio previamente asinado para a colaboración educativa na realización das prácticas académicas externas curriculares do alumnado da Facultade de Psicoloxía, incluíndo nesta addenda o Máster Universitario en Psicoxerontoloxía.

A Cátedra Cruz Roja USC, dando actividade a algúns dos seus obxectivos, participa na formación definida para estas prácticas externas en Cruz Vermella A Coruña. En concreto, esta colaboración responde a:

  • A promoción e organización de canto actividades académicas contribúan a facilitar a reflexión e o debate, co fin de conseguir o seu mutuo enriquecemento intelectual e a mellora da súa formación.
  • A colaboración con profesores e departamentos da USC en todo aquello que favoreza a formación integral do alumnado.
  • Facilitar a inserción profesional do alumnado da USC participando, no seu caso, nas actividades realizadas pola Cátedra.

Este curso académico 2022-2023 contamos con Natalia Rocha, psicóloga e alumna do Máster, quen durante as 275 horas de prácticas, tivo como titora á psicóloga de Cruz Vermella e directora autonómica da área de Inclusión Social, Loreto Somoza.

Natalia vinculou as súas prácticas externas á Cátedra Cruz Roja USC, que no organigrama da Institución depende da Unidade de Innovación. Algunhas das competencias que está a adquirir son planificar, desenvolver e supervisar o proceso de avaliación psicogerontológica nos diferentes contextos e ámbitos de actuación de Cruz Vermella; deseñar, desenvolver, supervisar e avaliar plans e programas de intervención e tratamento psicoxerontolóxico en función da avaliación previa e das variables individuais, sociais e institucionais; saber aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problema a ámbitos novos ou pouco/pouo coñecidos dentro dos contextos interdisciplinares relacionados coa Psicoxerontoloxía e saber identificar e formular problemas de investigación no contexto do seu exercicio profesional, así como contribuír á súa abordaxe de acordo cos métodos, técnicas e procedementos de investigación propios das ciencias da saúde, sociais e do comportamento.

¡Sorte na túa futura vida profesional, Natalia!