O Programa ConVida: Historia de vida e saúde cognitiva. Uso de ferramentas dixitais para un envellecemento activo, coordinado pola profa. Dra. Cristina Lojo Seoane da Facultade de Psicoloxía USC, ten como finalidade que o alumnado do Máster en Psicoxerontoloxía practique coñecementos sobre avaliación e intervención psicogerontológica, proporcionando ás persoas maiores información, pautas e orientación para promover o envellecemento activo e mellorar a súa saúde cognitiva.

A Cátedra Cruz Roja USC colabora nesta actividade de ApS (10 horas de duración) coordinando as accións existentes entre USC e Cruz Vermella en Santiago de Compostela.

Neste curso académico 2023-2024 unha alumna realizou esta actividade na que se pretende que poida:

  • Reflexionar sobre o desenvolvemento cognitivo-funcional, afectivo-emocional e psicosocial no envellecemento.
  • Acompañar ás persoas maiores nunha experiencia interxeracional.
  • Detectar as necesidades cognitivas, funcionais, afectivas, emocionais e psicosociais das persoas maiores.
  • Proporcionar información e pautas de prevención e intervención centradas nas persoas participantes, proporcionando, como alternativa para contribuír á mellora cognitiva, o uso das novas tecnoloxías.

Para lograr estes obxectivos, establécense as seguintes fases:

  • Fase de formación (2 horas): presentación do proxecto ao alumnado, explicación das actividades para realizar e formación básica sobre a experiencia de ApS.
  • Fase de de desenvolvemento (8 horas): realizáronse 4 visitas entre a alumna do Máster e unha persoa usuaria con 65 e máis anos participante nos programas da área de maiores de Cruz Vermella en Santiago de Compostela. Na 1ª visita (2 horas), facilitouse a información sobre Cruz Vermella, coñecendo tamén á persoa usuaria asignada. Na 2ª visita (2 horas), realizouse unha entrevista coa persoa asignada para elaborar a súa historia de vida. Na 3ª visita (2 horas), realizouse unha avaliación completa da persoa. Na 4ª visita (2 horas) a alumna trasladou orientacións e suxerencias para optimizar o funcionamento integral da persoa.

Este proxecto permitiu conectar o ámbito académico coa realidade profesional, ofrecendo un servizo á comunidade:

  • Promoveuse a interacción interxeracional, favorecendo a participación social e promovendo hábitos de vida saudables.
  • Levou a cabo actividades que redundarán na prevención e/ou mellora de dificultades nos ámbitos cognitivo-funcional, afectivo-emocional e psicosocial das persoas maiores.
  • Posibilitou a consolidación dunha colaboración estable no tempo coa entidade.