Durante os días 26 ao 28 de xuño de 2024 celebrouse en Málaga o 64 Congreso da Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía e o 44 Congreso da Sociedade Andaluza de Xeriatría e Xerontoloxía.

O congreso de Málaga achegou ás persoas profesionais que asistiron, os últimos coñecementos no campo da Xeriatría (fraxilidade, nutrición, cardioxeriatría, oncoxeriatría, demencia, diabetes, vacinas para o adulto maior, etc.) e da Xerontoloxía social (coidados de longa duración, soidade non desexada, atención centrada na persoa, novas tecnoloxías para facilitar o envellecemento, aspectos psicolóxicos das persoas maiores, etc.) e biolóxica (envellecemento en idades avanzadas, bioloxía da deterioración cognitiva, etc.).

Ademais, a Cátedra Cruz Vermella USC convocou, dentro das actividades do Congreso, os premios para o estudo da calidade de vida das persoas maiores ás mellores comunicacións en formato oral e póster presentadas ao 64 Congreso.

O xurado estivo composto por 2 representantes da SEGG, a proposta da súa Xunta Directiva, e polo director da Cátedra, Dr. Arturo X. Pereiro. Entregou os premios o presidente da SEGG, José Augusto García Navarro.

Os premios foron os seguintes:

  • 1 premio por valor dunha inscrición ao Congreso SEGG 2025, para o primeiro autor, da mellor comunicación oral referida á temática do premio.
  • 1 premio por valor dunha inscrición ao Congreso SEGG 2025, para o primeiro autor, da mellor comunicación póster referida á temática do premio.

Os traballos premiados foron:

  • Mellor comunicación oral: ESTUDO SASSPAIN-FRAILTY. RESULTADOS PARCIAIS SOBRE ADHERENCIA Ao EXERCICIO FÍSICO E CALIDADE DE VIDA EN PACIENTES DO GRUPO INTERVENCIÓN, realizada por Silvia Martín Martín do Hospital Universitario A Paz (Madrid).

  • Mejor comunicación póster: ESTUDIO PILOTO DE LA VALIDACIÓN DE LA EFICACIA DEL PROGRAMA SIEMPRE ACOMPAÑADOS PARA LA REDUCCIÓN Y MANEJO DE LA SOLEDAD, expuesto por Javier Yanguas Lezaun de La Fundación La Caixa (Barcelona).

Parabén a ambos polo premio recibido! E grazas por compartir os vosos traballos dirixidos a mellorar a calidade de vida das persoas maiores.

Bótalle un ollo ao resumo do 64 Congreso Nacional da SEGG👇​