Xa podes matricularte no curso de verán que realizaremos do 11 ao 14 de Xullo no centro sociocultural O Vello Cárcere, en Lugo, pinchando aquí ou mediante o seguinte código:

As temáticas propostas permitirán analizar de modo crítico os apoios sociais e os coidados tanto sanitarios como socio-sanitarios orientados ás persoas maiores e propoñer políticas ou accións de mellora nun contexto social de complexidade e tecnoloxización crecente.

Contidos

  • Aspectos legais e éticos do coidado e apoios ás persoas maiores.
  • Perspectivas e tendencias futuras nos coidados xerontolóxicos.
  • Tecnoloxías de apoio para unha sociedade inclusiva.
  • Análise e prospectiva dos apoios e coidados ás persoas maiores nos ámbitos institucional e comunitario.

Coñece o programa completo: