Onte, 14 de setembro, organizamos unha mesa redonda onde se analizaron algúns modelos asistenciais e de convivencia para as persoas maiores en Galicia. Esta mesa desenvolveuse no marco da entrega dos premios a TFG e TFG cuxo obxectivo era a mellora da calidade de vida das persoas maiores, realizados durante os cursos académicos 2020-2021 e 2021-2022.
Na mesa redonda participaron Alfredo J. Silva Tojo, subdirector de envellecemento activo, prevención da dependencia e innovación sociosanitaria, e Guillermo García Durán, membro do consello reitor de Ancoradoiro Sociedade Cooperativa Galega.
Alfredo Silva expuxo as distintas iniciativas que desde a Xunta de Galicia están a realizarse na atención ao colectivo de persoas con 65 e máis anos. Estas iniciativas, así como as súas estratexias e programas operativos vinculados, desenvólvense dentro dun modelo de atención que busca integrar aspectos tanto sociais como sanitarios. Ademais, este modelo establécese como un marco integrador da prevención, fomentando un envellecemento saudable e activo, e a intervención coas persoas maiores.
Gustavo García, pola súa banda, explicou os obxectivos motivacionais para crear a cooperativa, así como os seus principios reitores. Fundamentou a súa intervención expoñendo que Ancoradoiro é unha iniciativa cidadá que constitúe unha cooperativa, que persegue construír un centro de atención para persoas maiores, no que se poida convivir de forma colaborativa. Este centro, será un espazo sobre o cual cada cooperativista terá dereito de uso a cambio dunha achega (herdable e retornable) ao capital social da cooperativa e no que poderá permanecer a perpetuidade, recibindo -se é que os chega a necesitar- servizos socio-sanitarios dignos centrados na persoa.

Posteriormente, a decana da Facultade de Psicoloxía entregou os premios a TFG e TFM. Na I Edición presentáronse 17 traballos, estando todos admitidos. Deses 17 traballos, 12 eran TFM. En relación coa titulación da que procedían os TFG (100% eran graos da USC):
2 Grao en Medicina (USC)
1 Grao en Educación Social (USC)
1 Grao en Enxeñería informática (USC)
1 Grao en Pedagoxía (USC)
Sobre a orixe dos TFM (75% eran Máster da USC):
3 Máster Interuniversitario en Psicoxerontoloxía (USC)
3 Máster Interuniversitario en Xerontoloxía (USC)
1 Máster Universitario en Psicoloxía Xeneral Sanitaria (USC)
1 Máster Universitario en Psicoloxía (Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria) (USC)
1 Máster en Optometría (USC)
1 Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada (UVigo)
1 Máster Universitario en Economía Aplicada (Universidade de Alicante)
1 Máster Universitario en Dirección e Xestión de Recursos Humanos (Universitat Oberta de Catalunya)

Premiadas:
Outorgáronse 4 premios, 2 ao TFG con importe de 300 euros cada un e 2 a TFM, importe de 500 euros cada un.
As premiadas polos seus TFG pertenccían ao Grao en Medicina e ao Grao en Pedagoxía, ambos da USC.
As premiadas polo TFM, 1 das alumnas premiadas realizou o seu traballo no Máster Universitario en Dirección e Xestión de Recursos Humanos (Universitat Oberta de Catalunya). A outra alumna, no Máster Universitario en Psicoloxía Xeneral Sanitaria da USC.
Finalmente, entregáronse 3 accésit honoríficos: 2 alumnas de Máster; 1 alumna realizou o Máster en Optometría (USC) e a outra, Máster Interuniversitario en Xerontoloxía (USC). 1 alumna de Grao, do Grao en Medicina (USC).

Noraboa a todas!


Recent Comments