Noemia Veiga Gonçalves, pedagoga, recibíu o premio Cátedra Cruz Roja USC polo seu traballo de final de grao realizado no curso académico 2020-2021 e que leva por título “A música popular galega (MPG) como instrumento de intervención educativa para persoas maiores con Alzheimer“.

O traballo tiña como obxectivo abordar a Educación Musical no ámbito das persoas adultas con Alzheimer e, en concreto, a música popular galega (MPG) como un instrumento para o desenvolvemento integral do individuo, entendendo a educación artística como unha ferramenta potencial de intervención educativa que permite acceder e traballar á memoria emocional a longo prazo. A metodoloxía de traballo está baseada na análise documental para a realización do deseño dun proxecto de intervención no que se plantexan os seguintes obxectivos: (I) Coñecer o Alzheimer e as súas
características, (II) Comprender a situación educativa das persoas maiores con
Alzheimer, (III) Realizar unha análise sobre a Educación Musical como instrumento de intervención educativa (IV), Investigar a identidade cultural e a expresión artístico- musical popular galega e (V) Deseñar un proxecto de intervención educativa.

 

 

abordar la educación musical en el ámbito de las personas adultas con Alzheimer y, en
concreto, la música popular gallega (MPG) como un instrumento para el desarrollo integral de la persona, entendiendo la educación artística como una herramienta potencial de intervención educativa que permite acceder y trabajar la memoria emocional a largo plazo. La metodología de trabajo se basó en el análisis documental para la realización del diseño de un proyecto de intervención en el que se plantearon los siguientes objetivos: (I) Conocer el Alzheimer y sus características, (II) Comprender la situación educativa de las personas mayores con Alzheimer, (III) Realizar un análisis sobre la Educación Musical como instrumento de intervención educativa, (IV) Investigar la identidad cultural y la expresión artístico- musical popular gallega y (V) Diseñar un proyecto de intervención educativa.

Entrevistamos a Noemia sobre a motivación e desenvolvemento do seu TFG, e esto foi o que nos trasladou:

    1. Cal foi a túa motivación para escoller a temática do teu traballo?

A miña maior motivación na elección desta temática para o traballo foi o amor pola música e a convicción de que se trata dun instrumento de intervención que pode modificar a conducta dos individuos. Asemade, o feito de ter observado un vídeo no que unha exbailarina con Alzheimer era capaz de lembrar tódolos pasos de ballet da peza o Lago dos Cisnes coa música de Tchaikovsky, serviu de punto de inflexión para verdadeiramente decantarme por ela.

2. En que medida crees que os resultados do traballo gardan relación coa mellora da calidade de vida das persoas maiores?

Os resultados do traballo amosan que o emprego da música con pacientes con demencia leve ou moderada permite ralentizar os síntomas da doenza dende a súa aparición, mellorando aspectos emocionais, psíquicos e sociais da persoa xa que é capaz de activar zonas cerebrais motoras vencelladas a dimensións e funcións relacionadas coa memoria.

De xeito concreto, estimo que a intervención educativa centrada nun elemento da nosa identidade cultural, a música popular galega (MPG), está estreitamente vencellada a aprendizaxes significativas previas que certamente nos marcaron, como poden ser letras e melodías aprendidas ao longo da vida e, as cales, forman parte de diversos momentos vitais,sentimentos e emocións.

Asemade, estas experiencias educativas musicais resultan actividades proveitosas para o desenvolvemento integral e o fomento do benestar biopsicosocial das persoas maiores

 

3. Desde a perspectiva da túa formación académica, que aspectos principais crees que inflúen na calidade de vida das persoas maiores?

 

Os factores que inflúen na calidade de vida das persoas maiores son moi diversas: a saúde percibida, as habilidades sociais, o nivel de actividade, o grao de integración social, o grao de satisfacción coas relacións interpersoais, a condición socioeducativa, a situación emocional e afectiva…

Dende o ámbito da pedagoxía, consideramos que a educación desempeña un papel clave na mellora de calidade de vida das persoas maiores pois ao brindarlles oportunidades de aprendizaxe ao longo de vida, promovemos o seu papel como persoas activas, participativas e autónomas na sociedade.

A educación ao longo de vida -long life learning- garante oportunidades de aprendizaxe diversas que permiten vencellar ao individuo coa súa realidade e, á vez, coas súas necesidades.

Así pois, o feito de fomentar a participación en actividades socioeducativas axuda a mellorar a autoestima, previr o illamento, a soidade non desexada e ata a depresión.

Non entanto, no deseño e implementación de intervencións é preciso que os enfoques pedagóxicos se adapten ás necesidades cognitivas, emocionais e persoais das persoas maiores con fin de propiciar unha contorna efectiva de acción.

Do mesmo xeito, con fin contribuír positivamente á calidade de vida das persoas maiores, considero que cómpre formar grupos de traballo interdisciplinares que non só interveñan e traballen cos usuarios/as, senón tamén cos seus coidadores/as.

Moitas gracias pola túa colaboración e noraboa polo teu traballo!

📚​🏅​👉​Podes consultar o traballo de Noemia aquí.