O Comité Técnico Asesor da Cátedra Cruz Roja USC é un órgano consultivo que ten como obxectivo principal colaborar na actividade da Cátedra facilitando a consecución dos seus obxectivos. Está conformado por profesionais de diferentes campos que contan cunha importante bagaxe e relevancia no ámbito da investigación, a docencia e a posta en marcha de proxectos e actividades relacionadas co ámbito da Xerontoloxía e Xeriatría.

Agradecemos ao Dr. Alfredo Campos García que desde hoxe forme parte do devandito Comité.

O Dr. Campos é natural de Larouco (Ourense), licenciouse en Psicoloxía na Universidade Pontificia de Salamanca no ano 1977. Doutorouse en Psicoloxía na Universidade de Salamanca no ano 1980. Foi profesor titular da USC no ano 1986, e catedrático da mesma no ano 2009 pertencendo ao Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da Facultade de Psicoloxía.

Foi profesor de Psicoloxía da Memoria durante máis de corenta anos na USC. Durante todos estes anos investigou sobre as imaxes mentais, tema sobre o que publicou máis de douscentos artigos, a maioría foron publicados en revista internacionais con índice de impacto na Social Sciences Edition do Journal Citation Reports (JCR). Dirixiu dez tese doutoral, todas elas obtiveron a máxima cualificación, e todas están centradas no tema das imaxes mentais aplicadas a diferentes campos.

Sinalar ademais, que adaptou ao idioma español a maior parte dos test de imaxe que existen no mundo. Construíu catro test de imaxe que son distribuídos para todo o mundo pola American Psychological Association (APA) na súa base de datos PsycTESTS.

Na actualidad é Catedrático Emérito da USC, e creador e directordo Museo Gallego de Psicología. O museo é o único que existe en España e atópase localizado na Facultade de Psicoloxía da USC. O Museo naceu coa aspiración de compilar, salvagardar e mostrar os instrumentos que no seu momento se utilizaron en docencia, investigación e práctica psicolóxicas na comunidade galega.