Silver Economy Group (SEG) realizou un Informe de Tendencias e Retos centrado principalmente no grupo de persoas sénior máis xove, os que teñen entre 55 e 75 anos.

Aínda que o colectivo de persoas maiores é moi heteroxéneo, onde hai un importante compoñente de xénero (sobre todo a partir dos 75 anos), a convivencia; as relacións laborais; a imaxe que a sociedade proxecta como reflexo do avance na lonxevidade, por exemplo, son algúns dos aspectos que están en profunda transformación e demandan solucións novas nas que o uso da tecnoloxía é fundamental.

Anticipar e preparar medidas sociais, de saúde e promover a inclusión e participación cidadá contribúe á consecución dos obxectivos da Axenda 2030 e ao desenvolvemento sostible que promoven os 17 obxectivos establecidos pola ONU e apoiados polo Goberno de España. Traballar para facer unha sociedade que mellore a calidade de vida e o benestar das persoas maiores, construirá unha sociedade máis amigable para todas as persoas.

A Década do Envellecemento Saudable 2020-2030 promovida pola OMS volve poñer como obxectivo os principios que permiten “envellecer mellor” para dar máis calidade de vida á última etapa vital, sinala este Informe.